NA TRADICIÓN GALEGA HAI MOITAS COSTUMES QUE ESTÁN CASE NO OLVIDO.CANDO CHEGABAN ESTAS DATAS DE NADAL, A XENTE FORMABA BANDOS PARA IR CANTANDO POLAS CASAS ,PEDINDO O "AGUINALDO".SOCIALIZABAN, ANIMABAN AS TARDES-NOITES FRÍAS DESTA ÉPOCA DO ANO, COMÍAN E PASÁBANO EN GRANDE!!!
ATREVÉDESVOS A FACER UNS CANTOS DE NADAL NO NOSO CENTRO?
IMOS VER QUE TAL ANDADES DE REFLEXOS E COORDINACIÓN...PRESENTAMOS UN EXERCICIO DE PERCUSIÓN CORPORAL, COA MELODÍA "THIS IS HALLOWEEN" DE DANNY ELFMAN(do filme "The Nightmare Before Christmas" )
ACTIVIDADE SINXELA,DIVERTIDA E EDUCATIVA, PARA TRABALLAR RITMO,COORDINACIÓN E MUSICALIDADE A TRAVÉS DO CORPO.
NESTE NOVO CURSO 25-26, TEMOS PREPARADAS COUSIÑAS PARA O XOVES 30 DE OUTUBRO...
PERO, DE MOMENTO, NON IMOS ADIANTAR NADA MÁIS QUE AS CANTIGAS QUE ESTAMOS A TRABALLAR CON AXUDA DE CAROLINA, A NOSA NOVA INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS.
Hoxe quero compartir con todas e todos vós un tema feito polas amigas de María Fumasa, "Nun mar azul",para celebrar a DIVERSIDADE, esa característica que nos fai únicas/os, neste 2 de abril, Día Mundial da Concienciación do Transtorno do espectro Autista.
Parafraseando á grande Uxía Senlle: "As persoas con autismo non necesitan cambiar para encaixar, o mundo si necesita aprender a mirar con outros ollos."
XA TEMOS MÁIS QUE ASIMILADAS AS FIGURAS NEGRAS ( TA ) E CORCHEAS ( TI-TI ), ASÍ QUE AQUÍ VOS DEIXO O SEGUINTE EXERCICIO PARA PRACTICAR NESTA FIN DE SEMANA.
LEMBRÁDEMOS DOS SILENCIOS, TAN IMPORTANTES NA MÚSICA!
Lembrades que estivemos a facer unhas variñas con cintas de cores?
Pois é o momento de empregalas.
Atención porque se achegan as Letras, e este ano van vir cargadas de danzas.Con cal comezamos?Co "Frevo", un baile brasileiro que se emprega no entroido.
Aquí vos deixo o vídeos de Pesdelán que estamos a traballar, podemos copiar os pasos ou improvisar outros.
TEMPO DE ALEGRÍA E DESCANSO COAS FAMILIAS E AMIZADES.
TEMPO TAMÉN DE LUCES E FESTAS...E ESTA ÚLTIMA É A QUE MÁIS NOS GOSTA.NÓS CELEBRÁMOLO CANTANDO PANXOLIÑAS , AGUINALDOS,XANEIRAS,REIS,...
HAI MOITO TEMPO, AS NOSAS AVOAS E AVÓS, E OS AVÓS DOS NOSOS PAIS E NAIS, CELEBRABAN ESTAS DATAS CON POUCAS COUSAS PERO CON MOITA ALEGRÍA.ÍAN EN BANDOS CANTANDO POLAS PORTAS DAS ALDEAS, PARA DIVERTIRSE E DE PASO ENCHER UN POUCO O BANDULLO CO AGUINALDO QUE LLE DABAN AO REMATAR.
NÓS ESTIVEMOS CANTANDO UNHA CANTIGA DO GRUPO DE MULLERES DE MOS CHAMADO MALVELA : " A CANTIGA DO APALPADOR".
É MOI ANIMADA PARA CANTAR ESTE NADAL CUNHAS CUNCHAS,BOTELLA DE ANÍS,INCLUSO PARA BAILALA A RITMO DE MUIÑEIRA.
Na noite do 31 de outubro,as portas do Alén abren para que os mortos visiten o mundo dos vivos. Unha tradición que moitos pensan que chegou co Halloween, pero a súa orixe ten máis de 3000 anos, con la celebración del Samaín.
Samaín provén da palabra gaélica ‘Samhain’, que literalmente significa 'fin do verán'. É unha festa na que os pobos celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno). Unha data que coincidía coa fin da tempada da colleita e daba comezo a un novo ciclo.
Nós ímolo celebrar entre contos, historias,castañas e cantos.
Aquí vos deixo a canción de Paco Nogueiras, No Samaín, desta vez en Lingua de signos.
BOAS A TODAS E TODOS!!!AGARDO QUE TIVERADES UN BO COMEZO DE CURSO.
POUQUIÑO A POUCO IREMOS ACTUALIZANDO COUSIÑAS POLO BLOG DE MÚSICA, PERO HOXE QUERO PRESENTARVOS UNHA NOVA CANCIÓN COA QUE ABRIREMOS TÓDALAS NOSAS SESIÓNS DE MÚSICA: "BUENOS DÍAS".
CON ELA IRÉMONOS ACHEGANDO AO MUNDO DA LINGUA DE SIGNOS, PASENIÑO, PASENIÑO, PERO SEN PAUSA.
Dende este link www.pakolas.com/ramonapequena poderedes atopar toda a información, e ao final da páxina, material de interese para traballar nas aulas .
O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER conmemórase cada 8 de marzo, pola loita das mulleres pola súa participación na sociedad e o seu desenrolo íntegro como persona, en pé de igualdade co home. Tamén emprégase para facer referencia a esta conmemoración o numerónimo «8-M» en referencia ao día e ao mes en que se conmemora.
Para celebralo, na aula de música , escoitaremos un tema da música e compositora
Guadi Galego queé case xa un himno de louvanza e celebración para todas as mulleres,para todas as "MATRIARCAS".